español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[25/04/13] III Congreso Natureza e Imaxe

Datas: Maio e xuño de 2013 Lugar: Concellos do Consorcio As Mariñas Colaboran: Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Foto Artús. Organizan: CEIDA. Patrocina: Consorcio das Mariñas

O CEIDA pon en marcha, patrocinado polo Consorcio As Mariñas, o III Congreso Natureza e Imaxe, dirixido a todo o público pero, de maneira especial, aos profesionais e afeccionados á fotografía. O obxectivo é presentar a fotografía como unha ferramenta clave para dar a coñecer á cidadanía a importancia dos recursos naturais que nos rodean e a necesidade de conservalos. Preténdese, así mesmo, estimular a práctica fotográfica responsable entre os asistentes.

Durante todo o mes de maio e xuño de 2013 diferentes exposicións, conferencias, cursos, obradoiros e outras actividades relacionadas coa fotografía ou coa ilustración da natureza desenvolveranse nos concellos do Consorcio As Mariñas.

Programa completo (díptico pdf)

Estas son as actividades que necesitan inscrición:

4-5 maio: Curso de Iniciación á Fotografía Dixital da Natureza. Javier Puertas. Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Información e inscricións: www.ceida.org/formacion/curso-iniciacion-fotografia-dixital-da-natureza.html

8-9 maio: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto. Lugar: Xardín Botánico Ría do Burgo (Culleredo).

1 xuño: Test de Biodiversidade.  Lugar: Encoro de Cecebre (Abegondo).

8 xuño: Obradoiro de Fotografía. Prácticas no medio natural. Fran Nieto.  Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo.

más información
[18/04/13] EXPOSICION DE FRANCISCO ESCUDERO

Onte foi inaugurada en Abegondo a exposición itinerante do escultor Francisco Escudero que leva por título "Experiencia creativa 2002-2012". Esta iniciativa cultural do Consorcio As Mariñas enmárcase na proposta conxunta das concellerías de cultura dos nove concellos que busca a promoción e difusión de manifestacións artísticas e culturais do territorio. Neste caso, e cun marcado carácter didáctico, a exposición amosa ao público aspectos pouco coñecidos do oficio de escultor complementado con conferencias e visitas guiadas á exposición.

Calendario da exposición:

 

Abegondo: do 17 ao 30 de abril no Centro Cultural "O Salón" San Tirso. Bergondo: do 6 ao 20 de maio no Edificio A Senra. Culleredo: do 1 ao 15 de xuño no Xardín Botánico. Arteixo: do 21 de xuño ao 6 de xullo no Centro Cívico Municipal. Cambre: do 11 ao 26 de xullo na Biblioteca Municipal. Carral: do 3 ao 15 de setembro no Centro Cultural "Toñito Espiñeira". Oleiros: do 27 de setembro ao 13 de outubro (lugar por determinar). Sada: do 17 ao 31 de outubro na Casa da Cultura "Pintor Lloréns". Betanzos: do 3 ao 18 de decembro no Edificio Liceo.

 

más información
[08/02/13] NUEVOS MINIPUNTOS

Nuevos minipuntos limpios

Tres novos minipuntos limpos veñen de ser instalados nos concellos de Sada, Oleiros e Culleredo, concretamente na rúa Oza dos Ríos, no primeiro deles, no Mercado Municipal de Perillo e na Praza Sagrada Familia de Rutis. A súa instalación permitirá dar servizo a un maior número de veciños así como reforzará a recollida selectiva e a separación en orixe. Estes minipuntos permiten o depósito, entre outros, de materiais como pilas, CDs-DVD, bombillas ou baterías e cargadores de móbiles.

más información
[07/02/13] SEDE ELECTRONICA

Presentación da sede electrónica do Consorcio As Mariñas

O diputado provinicial, Antonio Cañas, acompañado polo Alcalde de Betanzos, José Ramón García e o Xerente do Consorcio, Miguel Sandar, presentaron esta mañá a posta en marcha, desde hoxe mesmo, da Sede Electrónica do Consorcio As Mariñas. Con esta ferramenta de actividade, os cidadáns poderán realizar os trámites administrativos, relacionados co Consorcio, dende calqueira sitio, as 24 horas do día e os 365 días do ano. A sede do Consorcio As Mariñas, permitirá por exemplo, presentar solicitudes relativas aos colectores de lixo, de recollida de animais e de recollida de utensilios voluminosos, así como presentar recursos, queixas, reclamacións ou suxestións relacionadas co servizo de recollida de resíduos. Ademais, os cidadáns poderán descargar a través desta plataforma calquer formulario, que logo poderán presentar no rexistro presencial do Consorcio As Mariñas ou no rexistro telemático da sede electronica. O investimento da institución provincial para pór en marcha toda a plataforma é de 177.000 euros, o mesmo que tería que realizar cada administración local por separado.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org