español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[24/10/12] COOPERA 2012

O Consorcio As Mariñas ven de recibir a notificación da Consellería de Medio Ambiente da concesión do primeiro premio na convocatoria 2012 dos premios 'Coopera Galicia'. A iniciativa galardoada consiste na implantación dun sistema de sensores de pesado nos colectores de vidro e papel que permitiría coñecer os niveis de enchido desde calqueira punto con conexión á internet. Deste xeito se optimizarían as rutas de recollida e os itinerarios das mesmas en función das necesidades reais do servizo. O premio está dotado con 40.000 ? que se destinarán á implantación do mesmo.

más información
[11/10/12] Día Mundial da Saude Mental

O programa de radio 'Hoy por hoy' de Radio Coruña-Cadena SER, serviu de voceiro aos protagonistas do Consorcio As Mariñas no Día Mundial da Saude Mental. Realizado en directo desde o centro de APEM en Cambre, nel díronse cita institucións como o propio Consorcio a través do seu presidente, José Antonio Santiso e o responsable do Plan Coordinador de Servizos Sociais, Ignacio Crespo, a concelleira de Benestar Social do concello de Cambre, Mª Jesús González, así como José Mª Iparraguirre, técnico de APEM, Juanma Delgado, xogador dos Veteranos do RC Deportivo e os propios usuarios do centro que relataron a súa experiencia e as das súas familias.

Seguindo o lema deste ano 'Invirtamos en saude mental' todos coincidiron na necesidade de seguir a invertir en programas de integración social, de ocio, de acceso ao mercado de traballo, etc.

Esta conmemoración terá como colofón o partido que  usuarios e xogadores dos Veteranos do RC Deportivo disputarán no Pavillón Municipal de Abegondo o vindeiro xoves 18 de outubro a partir das 18.00 horas.

más información
[03/10/12] GALICREQUES 2012

GALICREQUES 2012

más información
[01/06/12] IV XIRA DE MINIBASKET

A competición celebrarase este sábado 2 en Arteixo

MÁIS DE 200 NENOS E NENAS PARTICIPARÁN NA IV XIRA DE MINIBASKET 'CONSORCIO AS MARIÑAS'

Bergondo, 30 de maio de 2012.- Máis de 200 nenos e nenas participarán na IV Xira de Minibasket 'Consorcio As Mariñas' que celebrará este sábado, 2 de xuño, no Pazo dos Deportes de Arteixo. A competición reunirá ás categorías alevín e benxamín de sete clubs e agrupacións deportivas do territorio. A finalidade desta actividade é de fomentar a convivencia, xogo limpo e converter a sana rivalidade de deportistas e seareiros nunha xornada de lecer, transmitindo nas categorías base a importancia do respecto e a deportividade. A xira dará comezo ás 10.00 horas e enfrontará ás seguintes entidades: Concello de Abegondo, Club Baloncesto Arteixo, CEIP Vales Villamarín de Betanzos, Baloncesto Cambre, Club Baloncesto Culleredo, AD Valle Inclán de Oleiros e CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada. Os equipos compartirán unha liguilla que se disputará en catro canchas de minibasket do Pazo dos Deportes arteixán. Esta cuarta edición trata de dar continuidade ao traballo comezado no ano 2009 e ten carácter rotatorio co que cada ano se celebrará nun concello do Consorcio As Mariñas, tratando así de achegar o deporte de base e, neste caso, o baloncesto, a todo o territorio. O Consorcio As Mariñas aposta pola unión dos recursos dos Concellos para promover competicións a nivel comarcal, que non tería a mesma incidencia se se limitasen ao nivel municipal. A valoración destes tres anos da xira resultou moi positiva, con gran participación, o que levou a continuala deste xeito rotatorio.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org