español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[01/06/12] IV XIRA DE MINIBASKET

A competición celebrarase este sábado 2 en Arteixo

MÁIS DE 200 NENOS E NENAS PARTICIPARÁN NA IV XIRA DE MINIBASKET 'CONSORCIO AS MARIÑAS'

Bergondo, 30 de maio de 2012.- Máis de 200 nenos e nenas participarán na IV Xira de Minibasket 'Consorcio As Mariñas' que celebrará este sábado, 2 de xuño, no Pazo dos Deportes de Arteixo. A competición reunirá ás categorías alevín e benxamín de sete clubs e agrupacións deportivas do territorio. A finalidade desta actividade é de fomentar a convivencia, xogo limpo e converter a sana rivalidade de deportistas e seareiros nunha xornada de lecer, transmitindo nas categorías base a importancia do respecto e a deportividade. A xira dará comezo ás 10.00 horas e enfrontará ás seguintes entidades: Concello de Abegondo, Club Baloncesto Arteixo, CEIP Vales Villamarín de Betanzos, Baloncesto Cambre, Club Baloncesto Culleredo, AD Valle Inclán de Oleiros e CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada. Os equipos compartirán unha liguilla que se disputará en catro canchas de minibasket do Pazo dos Deportes arteixán. Esta cuarta edición trata de dar continuidade ao traballo comezado no ano 2009 e ten carácter rotatorio co que cada ano se celebrará nun concello do Consorcio As Mariñas, tratando así de achegar o deporte de base e, neste caso, o baloncesto, a todo o territorio. O Consorcio As Mariñas aposta pola unión dos recursos dos Concellos para promover competicións a nivel comarcal, que non tería a mesma incidencia se se limitasen ao nivel municipal. A valoración destes tres anos da xira resultou moi positiva, con gran participación, o que levou a continuala deste xeito rotatorio.

más información
[21/05/12] XORNADAS SOBRE O TURISMO

XORNADAS SOBRE O TURISMO E A XESTIÓN DOS RECURSOS HÍDRICOS NA ÁREA METROPOLITANA DE A CORUÑA

más información
[22/03/12] WEB ESPECÍFICA SOBRE AS RUTAS DE SENDERISMO

O CONSORCIO AS MARIÑAS PON EN MARCHA UNHA WEB ESPECÍFICA SOBRE AS RUTAS DE SENDERISMO DA COMARCA

más información
[06/02/12] CAMPAÑA DO SERVIZO DE LACERIA

Comenza a campaña de información do servizo de lacería

O Consorcio As MariñaS ven de distribuir aos nove concellos que o integran material informativo do servizo de lacería composto por carteis e dípticos informativos. Neles indícase como actuar e a quen chamar tanto no caso de perda dun animal coma no caso de atopalo. Ademais e dentro da web do Consorcio existe un apartado específico 'Lacería/perrera' na que se proporciona toda a información. Este servizo consiste na recollida de cans e gatos abandonados na vía pública, na xestión de cadáveres de animais de particulares e clínicas veterinarias e na xestión da adopción dos animais de compañía abandonados ou entregados. A concesionaria do servizo, Servigal xestiona unha canceira que dará cabida ós animais domésticos abandonados do territorio e que está situada Limiñón (Abegondo), en Agra do Pazo, 2-A. Tamén se pode contactar chamando ao teléfono 981 679 083.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org