español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[22/03/12] WEB ESPECÍFICA SOBRE AS RUTAS DE SENDERISMO

O CONSORCIO AS MARIÑAS PON EN MARCHA UNHA WEB ESPECÍFICA SOBRE AS RUTAS DE SENDERISMO DA COMARCA

más información
[06/02/12] CAMPAÑA DO SERVIZO DE LACERIA

Comenza a campaña de información do servizo de lacería

O Consorcio As MariñaS ven de distribuir aos nove concellos que o integran material informativo do servizo de lacería composto por carteis e dípticos informativos. Neles indícase como actuar e a quen chamar tanto no caso de perda dun animal coma no caso de atopalo. Ademais e dentro da web do Consorcio existe un apartado específico 'Lacería/perrera' na que se proporciona toda a información. Este servizo consiste na recollida de cans e gatos abandonados na vía pública, na xestión de cadáveres de animais de particulares e clínicas veterinarias e na xestión da adopción dos animais de compañía abandonados ou entregados. A concesionaria do servizo, Servigal xestiona unha canceira que dará cabida ós animais domésticos abandonados do territorio e que está situada Limiñón (Abegondo), en Agra do Pazo, 2-A. Tamén se pode contactar chamando ao teléfono 981 679 083.

más información
[01/02/12] CELEBRACION DO PLENO

CELEBRACION DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 31.01.2012

O Consorcio As Mariñas reuniuse onte en sesión extraordinaria dacordo coa seguinte orde do día: 1. Lectura e aprobación, se procede, das actas de sesións anteriores. 2. Dación de conta da estructura operativa do Plan Coordinador de Servizos Sociais. 3. Dación de conta das modificacións existentes na recollida, tratamento e eliminación do lixo. 4. Dación de conta das xestións realizadas en materia de reducción de consumo eléctrico e eficiencia enerxética. 5. Dación de conta das xestións realizadas referentes á clasificación dos postos de secretario e interventor no Consorcio ?As Mariñas. 6. Dación de conta e propostas de actuación se procede en materia de infraestructuras e mobilidade. 7. Dación de conta do estado de situación do Plan de Dinamización do Producto Turístico. 8. Actualización de cifras de poboación referidas a 1/1/2011 segundo datos do INE. 9. Aprobación se procede da conta xeral do exercicio económico do ano 2010. 10. Proposta e aprobación, se procede, dos orzamentos do Consorcio ?As Mariñas? para o ano 2012. 11. Rogos e preguntas.

más información
[01/02/12] PRESENTACION DE DOUS NOVOS CAMIONS

Presentación de dous novos camións de recollida de lixo

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org