español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Consorcio en cifras

Consorcio en cifras

CONSORCIO EN CIFRAS


O crecemento neste período débese fundamentalmente ós seguintes factores:

  • A escaseza de espazo urbanizable da cidade da Coruña, dadas as súas características xeográficas.
  • Oferta de vivenda máis asequible.
  • Asentamento de parellas e matrimonios novos co conseguinte maior número de nacementos. O Consorcio As Mariñas conta cos concellos galegos de máis elevado crecemento demográfico (Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo).
  • Aumento considerable do sector servizos.
  • Asentamento de persoas cun nivel socioeconómico medio-alto que se establecen en espazos naturais buscando unha maior calidade de vida.

Tódolos concellos experimentan un incremento da poboación inmigrante.

DESEMPREGO


Atendendo ó sexo e idade dos desempregados, a taxa de paro de mulleres supera á de homes. Por sectores de ocupación, o sector servizos ten a taxa de desemprego máis elevada, seguido pola industria, seguindo a tendencia que se observa na comunidade autónoma.

ACTIVIDADE ECONÓMICA


En canto a actividade socioeconómica, no territorio do Consorcio houbo cambios radicais desde os anos 70: a actividade económica pasou de ter un predominio de sector primario a predominar o sector industrial e, sobre todo, o sector servizos e construción.

Esta evolución leva emparellada a xeración de novas pequenas e medianas empresas e de emprego a niveis importantes.

Cabe destacar neste contexto positivo o aumento considerable de infraestructuras e servizos básicos para o asentamento de novas empresas.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org