español  | galego 
Foto
 »  Plan coordinador »  Novas

Plugin noticia individual

CONVENIO CON CIMEGA

[03/03/2017] Categoría: Plan Coordinador, Destacados

O presidente do Consorcio As Mariñas, Jose Antonio Santiso Miramontes, asinou a renovación do acordo de colaboración con CIMEGA, Círculo de Mediación de Galicia, representado por Marina de la Cuesta Sanjurjo,  para a prestación do servizo de mediación en favor da cidadanía dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas e co obxectivo de continuar en 2017 a colaboración iniciada no 2015. O Círculo de Mediación de Galicia é unha asociación de mediación integrada por profesionais multidisciplinares, con vocación autonómica, que ten por obxectivo esencial a divulgación, fomento e práctica da mediación no ámbito público e privado.

Este convenio contempla non solo o desenvolvemento do servizo de mediación nos distintos concellos, senón tamén o asesoramento e a formación especializada nesta materia aos equipos técnicos dos servizos sociais comunitarios dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org