O Consorcio As Mariñas e a Deputación Provincial da Coruña asinaron un convenio para financiar a asesoría xurídica-social especializada. A través deste acordo a institución provincial achegará o 73% do coste do servizo que ofrece asistencia aos veciños e veciñas dos 8 municipios consorciados.
O equipo xurídico do Consorcio As Mariñas para este proxecto está formado por dúas asesoras xurídicas especializadas e unha auxiliar adminitrativo.