español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

FOTOGRAFIAS GAÑADORAS DO III CONSURSO DE FOTOGRAFIA

[16/12/2011] Categoría: Plan Coordinador, Destacados

A entrega de premios tivo lugar en Carral

O XURADO DO III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA POLOS DEREITOS HUMANOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS ENTREGOU OS PREMIOS AOS GAÑADORES

16 de decembro de 2011.- O xurado do III Concurso de Fotografía polos Dereitos Humanos que organiza o Consorcio As Mariñas no marco da campaña 16 días de activismo contra a violencia de xénero deu a coñecer aos gañadores e as imaxes premiadas.

Integrado por Santiago Casal Quintáns, fotógrafo, Víctor Omgba, presidente da Asociación Equus Zebra e Juan A. Pulido Álvarez, coordinador de Médicos do Mundo Galicia destacaron no fallo a profundidade no enfoque, a calidade e o tratamento dos temas plantexados no concurso, e que os participantes, tendo en conta as idades, souberon reflexar nas súas obras.

O certame estivo dirixido a xoves de entre 12-18 anos residentes en Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Entre as imaxes recibidas, seleccionáronse tres fotografías. O primeiro premio foi para Javier Tasende Sanmartín, alumno de 2º da ESO do IES de Viós de Abegondo pola fotografía 'Rodas 1'.  O segundo premio recaeu en Daniel Muiños Noguerol, alumno de 2º da ESO no CPI Cruz do Sar de Bergondo pola fotografía 'Aprendendo a nadar'. O terceiro premio foi para Silvia Acuña Ruano, alumna de 1º de Bacharelato do IES María Casares de Oleiros, pola fotografía 'Nin o intentedes'.

En total foron 44 os traballos presentados nesta edición. A temática dos mesmos debía aos dereitos da infancia, igualdade e equidade de xénero; medio ambiente; adolescencia e mocidade; liberdade de expresión, entre outros. O primeiro premio é un IPAD 2 mentres que o segundo recibiu un IPOD Nano e o terceiro un IPOD Shuffle.

A entrega de premios tivo lugar Edificio Administrativo 'Toñito Espiñeira' de Carral e estivo presidido por Margarita Ramilo e Laura Calvo, concelleiras de Servizos Sociais de Carral e Abegondo respectivamente.

A campaña 16 días de activismo contra a violencia de xénero conta coa subvención da Deputación Provincial da Coruña.

Fotografía gañadora do 1º premio


Fotografía gañadora do 2º premio


Fotografía gañadora do 3º premio


Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org