Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/t3lib/class.t3lib_userauth.php on line 278

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php:2) in /export/nfs1/apache/hosting/wm/consorcioam.org/www/typo3_src-4.2.1/typo3/sysext/cms/tslib/class.tslib_fe.php on line 3221
FAMILIAS ACOLLEDORAS
 español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

FAMILIAS ACOLLEDORAS

[30/04/2012] Categoría: Plan Coordinador, Destacados

O Consorcio As Mariñas e Cruz Vermella buscan familias acolledoras



Persoal técnico dos servizos sociais comunitarios dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) reuníronse hoxe, no marco do Plan Coordinador de Servizos Sociais, co equipo técnico de acollemento familiar da Cruz Vermella de Galicia co obxectivo de coñecer máis de preto este programa.

Os representantes dos servizos sociais comunitarios comprometéronse na tarefa de difundir este programa que ten por obxectivo a atención familiar a menores que non poden vivir temporalmente coa sua familia, tratando de evitar o internamento nun centro.

O persoal da Cruz Vermella explicou os distintos tipos de acollemento (temporal, de día, de fins de semana e vacacións e de urxencia) e os trámites e pasos que unha familia ou persoa debe seguir para acceder ao programa, que dendé o ano 1996 vense desenvolvendo a nivel autonómico.

As persoas interesadas poden achegarse aos servicios sociais dos concellos do Consorcio As Mariñas onde recibirán información detallada do programa.

Na provincia da Coruña, en marzo do presente ano, 79 nenos e nenas atopabanse en situación de acollemento en 56 familias acolledoras das cales 12 residen no territorio do Consorcio As Mariñas (un 21,4% do total). A dia de hoxe 17 nenos e nenas permanecen á espera para acceder a este recurso, que lles ofrecería un modo de vida normalizado nun entorno familiar

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org