español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

ENTREGA DO III PREMIO JOSE LUIS MURUZABAL

[18/10/2016] Categoría: Plan Coordinador, Destacados

Onte tivo lugar, na Casa da Cultura 'Villa Concepción' de Cambre, o acto central da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental. Dou a benvida ao acto o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño e a continuación, e coa colaboración de Pepe Formoso, director de Radio Nordés Cadena Ser, persoas usuarias de APEM desenvolveron unha tertulia na que relataron a súa experiencia como colaboradores habituais desta cadena radiofónica.

O Presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso Mirmontes procedeu á lectura do acta do xurado do III Premio José Luis Muruzábal a proxectos innovadores no ámbito sociolaboral e socioeducativo en saúde mental e entregou o premio, xuntamente con Toni Pérez, viúva de Muruzábal, a Asociación ASDAN polo proxecto premiado 'Vive deportivamente'.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org