español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

ENTREGA DO V PREMIO JOSÉ LUIS MURUZÁBAL

[06/11/2018] Categoría: Destacados, Plan Coordinador

O Edifico Liceo de Betanzos acolleu a entrega do V Premio José Luis Muruzábal a proxectos innovadores no ámbito sociolaboral ou socioeducativo en persoas con enfermidade mental. O proxecto gañador leva por título "Progarma de entrenamiento en cognición social para personas con transtorno mental grave" e foi presentado por tres profesionais do ámbito social e sanitario: Miriam Vázquez Campo, Yolanda Maroño Souto e Alejandro A. García Caballero. O xurado do premio destacou do proxecto que "acredita ser unha ferramenta innovadora e eficaz na rehabilitación psicosocial das persoas con enfermidade mental". O xurado engade que "o adestramento en cognición social é unha das asignaturas pendentes no tratamento dos transtornos mentais graves".

O acto estivo presidido pola alcaldesa de Betanzos e o presidente do Consorcio As Mariñas acompañados pola viuva de José Luis Muruzábal e o director do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio, así como por representantes políticos e técnicos dos concellos.          

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org