español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROorganizada polo Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas e que, como acordaramos xa fai un par de anos, transcorrerá polo entorno da ría do Burgo e que este ano faise baixo o lema ?Ante a Violenci

[19/11/2018] Categoría: Destacados, Plan Coordinador

Organizada polo Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, o sábado 24 de novembro, transcorrerá polo entorno da ría do Burgo baixo o lema "Ante a Violencia de Xénero As Mariñas di NON" A saída será dende a Casa das Palmeras en Cambre ás 10:30 h. En caso de choiva o punto de saída e de entrega do material sería xusto ao lado, no paseo, onde estaba anteriormente o Consultorio médico de Cambre e agora hai unha oficina municipal de Rexistro.

O percorrido iniciará a súa marcha polo paseo de Cambre en dirección a Oleiros bordeando a ría, cruzarase a ría pola ponte da Pasaxe hasta o concello de Culleredo, aí se reagrupará a andaina e seguirá polo paseo pola zona de Fonteculler e do Burgo. Ao chegar ao final vaise cruzar no paso de cebra, onde está a escultura coñecida como a Rosa do Burgo, e dende alí se volve a cruzar a ría do Burgo pola ponte vella ata Cambre, xirando á dereita  e seguindo polo paseo ata o Colexio Portofaro, apenas a 200 m da ponte. No Colexio vaise facer un pequeno acto ante un mural que van facer os nenos e nenas nunha parede do cole, nunha actividade de sensibilización os días previos á andaina. Tamén, como é habitual, lerase o manifesto. Este espazo tamén está cuberto no caso de que choiva.

A duración da andaina está previsto que sexan unhas dúas horas e está aberta á participación de toda a cidadanía.

 

 

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD