O Consorcio As Mariñas convova a sétima edición do Premio José Luis Muruzábal a proxectos innovadores no ámbito da saúde mental. O premio nace, no 2014, da vontade dos concellos que integran o Consorcio de rendir homenaxe a quen foi o gran impulsor da mellora na calidade de vida das persoas enfermas mentais en Galicia.
A participación está aberta a tódolos profesionais do ámbito da psquiatría, psicoloxía, mediciña ou ciencias sociais, tanto de xeito individual como colectivo, así como entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que desenvolvan, no seu ámbito de traballo, programas relacionados co obxecto da convocatoria. O prazo de recepción de traballos está aberto ata o 16 de setembro. O xurado valorará a innovación, aplicación práctica, alcance, claridade ou implantación do traballo presentado.
Para consultar as Bases prema aquí.