ACTA DE CONSTITUCIÓN    
 


ACTA DA SESIÓN DE CONSTITUCIÓN DO CONSORCIO “AS MARIÑAS” (A CORUÑA) DE DATA 4 DE AGOSTO DO 2000

ASISTENTES
• D. Julio Sacristán de Diego, Alcalde-Presidente do Concello de Culleredo.
• D. José Rocha Carro, polo Concello de Abegondo.
• D. Manuel Pose Miñones, Alcalde-Presidente do Concello de Arteixo.
• D. José Fernández Ramos, Alcalde-Presidente do Concello Bergondo.
• D. Ramón García Vázquez, polo Concello de Betanzos.
• D. Antonio Varela Saavedra, Alcalde-Presidente do Concello Cambre.
• D. Juan Manuel Vales Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de Carral.
• D. Alfredo Novoa Gil, en representación do Concello de Oleiros, e Vicepresidente da Comisión Xestora.
• D. Emilio Gómez López, polo Concello de Sada.
• Asiste á reunión o Sr. Interventor, D. Roberto Babío Fernández.
• Da fe do acto o Secretario, D. Javier Varela Tejedor.

No Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello de Culleredo, sendo as doce horas e trinta minutos do día catro de agosto do ano 2000, a totalidade dos membros do Pleno do Consorcio de “As Mariñas”, da que a relación figura ó marxe.

Como punto previo se pon de manifesto a ausencia da Secretaria Dona Mª Nieves Fuentes Bermejo, aprobándose por unanimidade que sexa substituida neste acto , polo Secretario en funcións do Concello de Culleredo, don Javier Varela Tejedor.

O obxecto da sesión é proceder á constitución formal do Consorcio de “As Mariñas”, unha vez aprobados e publicados os Estatutos do mesmo (DOG de data 28 de xullo de 2000)

1.- FORMACIÓN DA MESA:
Previa comprobación das credenciais respectivas e comprobado polo Secretario a existencia do quórum necesario, se forma a mesa de idade, integrada polo representante de máis idade Señor Don Alfredo Novoa Gil, o que a preside, e polo de menor idade Señor Don José Rocha Carro, sendo Secretario, o da Corporación de Culleredo, Don Javier Varela Tejedor, e asistindo o Señor Interventor Don Roberto Babío Fernández.

2.- CONSTITUCIÓN DO CONSORCIO:
Seguidamente o Sr. Presidente da Mesa de Idade, abre a sesión constitutiva e dispón que sexan lidos polo Secretario, os Estatutos do Consorcio, publicados no Diario Oficial de Galicia de data 28 de xullo de 2000. Rematada a lectura o Señor Presidente declara constituído o Consorcio.

3.- ELECCIÓN DE CARGOS:
A continuación o Presidente da Mesa anuncia que se vai a proceder á elección de Presidente e Vicepresidente do Consorcio, de acordo cos artigos 8 e seguintes dos Estatutos, abrindo unha quenda de propostas, resultando unha única proposta a favor de Don Julio Sacristán de Diego, Alcalde-Presidente do Concello de Culleredo como Presidente e Don Alfredo Novoa Gil, como Vicepresidente, proposta que é sometida a votación, sendo aceptada por unanimidade, cumpríndose os requisitos esixidos polos artigos 11 e 7 dos Estatutos do Consorcio.
A continuación toma a palabra o Presidente electo, Don Julio Sacristán de Diego, que agradece no seu nome, e no do Señor Vicepresidente, a confianza depositada neles, considerando ademais que constitúe un aval expreso da xestión realizada ó fronte da Comisión Xestora.

4.- INICIO DE FUNCIONAMENTO:
Neste punto o Señor Presidente efectúa a seguinte proposta:
“Tralas oportunas conversacións cos representantes dos diferentes Concellos que forman parte do Consorcio “As Mariñas”, e vistos os artigos correspondentes dos Estatutos Constitutivos, elévase ó Pleno de dito Ente Local, a seguinte


PROPOSTA
Primeiro.- Crear as comisións informativas permanentes, das que o número, denominación, composición e réxime de sesións, sería o seguinte:
1. Comisión Informativa de Facenda e Réxime Interior, integrada por tres membros elixidos polo Pleno.
2. Comisión Informativa de Medio Ambiente e Servicios, integrada por tres membros elixidos polo Pleno.
3. Comisión Informativa de Programas Europeos e Transportes, integrada por tres membros elixidos polo Pleno.
4. Comisión de Contas, á que lle corresponde o exame, estudio e informe de tódalas contas orzamentarias e extraorzamentarias que teña que aprobar o Pleno, de acordo coa lexislación reguladora da contabilidade das Entidades Locais. Estará integrada por tres membros elixidos polo Pleno.
5. Comisión Política, integrada por un membro de cada un dos grupos políticos con representación nos Concellos integrantes do Consorcio, elixidos por seus respectivos grupos políticos e ratificados polo Pleno.

Segundo.- As competencias das citadas comisións, serán as que deriven das materias da súa respectiva denominación, así como as que o Pleno lles atribuía especificamente.

Terceiro.- As citadas comisións celebrarán sesións ordinarias o primeiro venres de cada mes, previa regulamentaria convocatoria, e na sede do Concello que exerza a presidencia.

Cuarto.- Seus dictames terán carácter preceptivo, e non vinculante.

Quinto.- Ase mesmo proponse a creación da Mesa Xeral de Contratación, da que determinarase a súa composición no seu momento polo Pleno, que é aprobada por unanimidade.

A continuación pon no coñecemento do Pleno a resolución da Consellería de Xustiza de data 11 de xullo de 2000, pola que se outorga ó Consorcio unha subvención de 2.000.000 de pesetas, para a realización dunha campaña de comunicación para a presentación do Consorcio, solicitando ó Pleno a súa aceptación, aceptación que é realizada.

Posteriormente expón a necesidade urxente de proceder á elaboración do Orzamento ordinario do Consorcio para este exercicio, elaboración que encargarase ó Señor Interventor, indicando un importe máximo de 6.500.000 pesetas.

Ase mesmo, informa que o vindeiro día 10 de agosto, terá lugar a reunión da Mancomunidade de Municipios do Área de A Coruña co obxecto de efectuar o análise da situación da encomenda de xestión realizada no seu día ó Concello de Oleiros, para a compra de equipos de recollida selectiva de residuos urbanos, con fondos POMAL e proceder, no seu caso, á recepción dos mesmos e a súa cesión ó Consorcio.

A continuación, toma a palabra o Señor Vicepresidente que efectúa un pormenorizado informe das últimas xestións realizadas pola Comisión Xestora.

E non tendo máis asuntos que tratar, o Señor Presidente levanta a sesión ás catorce horas do día e ano indicados ut supra e para constancia do que tratouse e dos acordos tomados, estendo este acta, que certifico, co visto e prace do Señor Presidente.