ESTATUTOS DO CONSORCIO "AS MARIÑAS"    
 


TÍTULO PRELIMINAR - DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Composición e denominación.
1.- Os Concellos de ABEGONDO, ARTEIXO, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE, CARRAL, CULLEREDO, OLEIROS E SADA, todos eles da PROVINCIA DA CORUÑA, constitúen un Consorcio Local, sen prexuízo dos que poidan incorporarse no futuro conforme ás previsións estatutarias, de conformidade co establecido nos arts. 37 a 40 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais, aprobado por D. do 17/6/1955; arts. 3, 26, 47.3.b), 57, 85 e 87 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local; arts. 35, 36 e 110 do R.D.L 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local: art. 7 da L. 30/92, de 26/11, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; arts. 2 ó 6, 8, 137 e s s, 149 ó 152 da L. 5/97, do 22/7, de Administración Local de Galicia; Lei 10/97, do 22/8, de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia; así como L. 10/98, do 21/4, de Residuos; demais concordantes e de aplicación.
2.- Recibe a denominación de “Consorcio das Mariñas (A Coruña)».
3.- Os Estatutos determinan as particularidades do seu réxime orgánico, funcional e financeiro.

Artigo 2. Natureza e Principios de actuación.
1.- Servirá con obxectividade os intereses públicos, actuando conforme ós principios de eficacia e servicio ós cidadáns, descentralización, desconcentración e coordinación, con autonomía propia e sometemento pleno á Lei e ó Dereito.
2.- Conforme ós criterios de reciprocidade nas súas relacións con outras Administracións Públicas, rexerase polos principios de colaboración, cooperación, auxilio e respecto ós respectivos ámbitos de competencias.
3.- Na súa calidade de Ente Público Local de base asociativa, goza da condición de Entidade Local non territorial, con personalidade xurídica propia e plena capacidade xurídica e de obrar para crear, instalar ou xestionar servicios e actividades de interese local e común, en orde a realizar e consegui-las finalidades públicas que constitúen o seu obxecto, entendendo como servicios públicos locais cantos tendan á consecución dos fins sinalados como da competencia das Entidades consorciadas.
4.- En consecuencia, para o cumprimento do seu obxecto e fins e ó ámbito das súas competencias, de acordo coa Constitución e as leis, terá plena capacidade xurídica para adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar ou allear toda clase de bens, celebrar contratos, establecer e explotar obras, servicios ou actividades públicas, obrigarse, interpoñe-los recursos establecidos e exercita-las accións previstas nas leis.
5.- Poderá utilizar calquera das formas de xestión de servicios, directa ou indirecta, previstos na lexislación de Réxime Local, substituíndo ás Entidades consorciadas.
6.- No ámbito das súas competencias correspóndelle a potestade regulamentaria e de autoorganización, programación e planificación. A potestade tributaria se refire só ó establecemento de taxas, contribucións especiais e prezos públicos; a expropiatoria, só se poderá exercer por outras entidades territoriais en beneficio e a instancias do Consorcio.

Artigo 3. Domicilio.
1.- lnicialmente, mentres non dispoña de locais propios, o domicilio do Consorcio e os seus servicios xerais estará no Municipio o Alcalde do cal exerza a Presidencia, ou en calquera outro que acorde o Pleno.
2.- Non obstante, o Pleno, ou calquera outro órgano complementado, poderá celebra-las súas sesións en calquera das sedes das Entidades consorciadas ou das instalacións afectas ós servicios que preste.
3.- 0 Pleno poderá modifica-lo domicilio, o cal se notificará a tódolos entes consorciados, facéndose público no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de grande difusión, e se comunicará á Administración estatal e autonómica.
4.- Os servicios especializados do Consorcio poderán instalarse en calquera dos concellos consorciados, segundo acordo do Pleno.

Artigo 4. Duración;
Se establece con carácter voluntario, e se constitúe por un período de tempo indefinido, e en tanto subsistan as competencias das Entidades consorciadas e o obxecto e fins de interese común e público encomendados.

Artigo 5. Obxecto e Fins.
1. O constitúen:
a) Prestación parcial ou integral do servicio de recollida selectiva e transporte conxunto de residuos, e no seu caso, cantas outras competencias atribúa a lexislación xeral ou sectorial nesta materia.
b) Obras, xestión e execución de Planos, Programas ou Proxectos de interese público e común para as Entidades consorciadas, así como a obtención, xestión e investimento dos correspondentes fondos, en materia de políticas de desenvolvemento rexional, social ou agrícola, no marco das iniciativas europeas, nacionais, autonómicas ou locais, e de outros entes, institucións ou entidades, públicas ou privadas.
c) Asumi-la execución de Obras, Planos, Programas ou Proxectos, que as Entidades consorciadas ou outras Administracións Públicas acorden encomendarlle, para a xestión de servicios e actividades de interese público e común, así como a súa creación, instalación e prestación parcial ou integral.
d) A competencia consorcial poderá estenderse a outras Obras, Planos, Programas ou Proxectos en orde á consecución e prestación de servicios e actividades con finalidades de interese público, que interesen en común á pluralidade dos membros asociados.
2. Para o exercicio dos fins establecidos no subapartado d) do apartado 1 anterior, deberase contar con acordo plenario corporativo favorable de tódalas Entidades consorciadas.

Artigo 6. Réxime xurídico.
1.- O Consorcio réxese polo Dereito Administrativo.
2.- En materia de procedemento administrativo será aplicable a tódalas actuacións do Consorcio a lexislación vixente do Réxime Local e do Réxime Xuridico das Administracións Públicas, que se desenvolverá conforme ós principios de racionalidade, economía e eficiencia da xestión.
3.- Os acordos e resolucións do Consorcio serán impugnables en vía administrativa e xurisdiccional de conformidade co establecido na lexislación de Réxime Local e xeral.
4.- A publicación dos acordos e resolucións do Consorcio farase nos boletíns e diarios oficiais nos que legalmente proceda.

Artigo 7. Quórum especial.
Cando en virtude de disposicións legais ou destes Estatutos, se esixa quórum especial de maioría absoluta do número legal de votos asignados ós membros do Pleno e do número de representantes das Entidades consorciadas, na adopción de acordos por dito órgano, se entenderá que existe aquela cando os votos favorables sumen a metade máis medio ou a metade máis un do total de votos asignados ó Pleno, así como o voto favorable da metade máis medio ou a metade máis un do número de representantes das Entidades consorciadas.
Esixirase a metade máis medio cando o número total de votos ou representantes sexa impar, e a metade máis un cando sexa par.

TITULO I - RÉXIME ORGÁNICO - CAPITULO I: DA ORGANIZACIÓN

Artigo 8. Órganos de xestión e goberno.
1.- Rexen o Consorcio os seguintes órganos de xestión e goberno:
a) O Pleno.
b) O Presidente.
c) O Vicepresidente.
2.- 0 Pleno tamén poderá denominarse e identificarse como Consello de Dirección.

Artigo 9. 0 Pleno ou Consello de Dirección. Composición.
1.- O Pleno, supremo órgano de goberno do Consorcio, ó que personifica e representa con carácter de Corporación de Dereito Público, está integrado polo alcalde ou membro da Corporación en quen delegue, de cada unha das Corporacións Locais que forman o Consorcio.
2.- Asistirán ás xuntanzas do Pleno, con voz pero sen voto, o Secretario e o Interventor do Consorcio, así como, cando sexa requirido para elo, o Xerente, ou calquera outro persoal especializado na materia a tratar.
3.- A cada entidade consorciada corresponderalle o mesmo número de votos que o número legal de membros da súa Corporación.
Na súa aplicación, cada un dos membros consorciados disporá do seguinte número de votos no Pleno ou Consello de Dirección:

Municipio
Porcentaxe
Votos
Abegondo
Arteixo
Bergondo
Betanzos
Cambre
Carral
Culleredo
Oleiros
Sada
8,7248
14,0939
8,7248
11,4093
11,4093
8,7248
11,4093
140939
11,4093
13,0000
21,0000
13,0000
17,0000
17,0000
13,0000
17,0000
21,0000
17,0000
Total
100,0000
149,0000

4.- Os votos correspondentes ás Entidades consorciadas, serán actualizados cada vez que varíe o número de membros das Corporacións Locais.
5.- As actualizacións previstas no número anterior non terán a consideración de modificacións estatutarias, e, polo tanto, non se requirirá segui-lo procedemento previsto nestes Estatutos para a súa modificación.

Artigo 10. Duración do mandato.
O mandato de cada representante municipal no Consorcio rematará cando deixe de ser membro da Corporación que representa.
Non obstante, ó finaliza-lo mandato de catro anos ó que se refire a Lei de Réxime Local, o representante cesante continuará nas súas funcións soamente para a administración ordinaria ata a toma de posesión do seu sucesor.

Artigo 11. Elección e cesamento do Presidente.
1.- 0 Presidente e o Vicepresidente serán designados polo Pleno, conforme ó quórum especial de maioria absoluta establecido polo art. 7, cesando nos seus cargos se se producise algunha das seguintes circunstancias;
a) Cesamento das súas funcións polo Pleno, co quórum especia! de maioría absoluta do art. 7.
b) Renovación da Corporación que representan.
c) Perda da condición de membro da Corporación que representan.
2.- Unha vez que o Presidente e o Vicepresidente teñan finalizado o seu mandato, continuarán exercendo as súas funcións para a administración ordinaria ata que o Pleno designe a quen os substitúan.

Artigo 12. Competencias Presidente e Vicepresidente.
1.- O Presidente do Pleno, que será tamén o do Consorcio ostenta, en todo caso, as seguintes atribucións:
a) Dirixi-lo goberno e a administración, velando polo cumprimento dos Estatutos.
b) A representación legal e a sinatura de cantos documentos públicos ou privados sexan necesarios ou útiles para o cumprimento dos seus fins.
c) Convocar e presidi-las sesións do Pleno, agás os supostos previstos na Lexislación do Réxime Local, e de calquera outros órganos do Consorcio, e decidi-los empates con voto de calidade.
d) Dirixir, inspeccionar e Impulsa-las obras, servicios e actividades, xestionando con entidades públicas e privadas a resolución dos problemas que lle afecten, ordenando os informes, estudios e consultas pertinentes.
e) Dictar bandos.
f) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado, dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións de crédito, con exclusión das contempladas no artigo 158.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, sempre que aquelas estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10 por 100 dos seus recursos ordinarios, agás as de tesourería que lle corresponderá cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por 100 dos ingresos liquidados no exercicio anterior; ordenar pagamentos e render contas; todo elo de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais.
g) Aproba-la oferta de emprego público de acordo co Orzamento e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, aproba-las bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuí-las retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.
h) Desempeña-la xefatura superior de todo o persoal, e acorda-lo seu nomeamento e sancións, incluída a separación do servicio do persoal do Consorcio e o despedimento do persoal laboral, dando conta ó Pleno, nestes dous últimos casos, na primeira sesión que celebre. Esta atribución entenderase sen prexuízo do disposto nos artigos 99.1 e 3 da Lei reguladora das Bases de Réxime Local.
i) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do Consorcio nas materias da súa competencia, incluso cando as tivese delegado noutro órgano, e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno, neste suposto dando conta ó mesmo na primeira sesión que celebre para a súa ratificación.
j) A iniciativa de propoñer ó Pleno a declaración de lesividade en materias da súa competencia.
k) Adoptar persoalmente, e baixo a súa responsabilidade, en caso de catástrofe ou de infortunios públicos e grave risco dos mesmos, as medidas necesarias e axeitadas dando conta inmediata ó Pleno.
l) Sanciona-las faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das ordenanzas, agás nos casos en que tal facultade estea atribuída a outros órganos.
ll) As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento nin, en calquera caso, os 1.000.000.000 de pesetas; incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de tódalas súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios do Orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
m) A aprobación dos proxectos de obras e de servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no Orzamento.
n) A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento nin os 500.000.000 de pesetas, así como alleamento do patrimonio, para bens inmobles e mobles, sempre que estea prevista no Orzamento.
ñ) Ordena-la publicación, execución e facer cumpri-los acordos do Consorcio.
o) As demais que expresamente lle atribúan as leis e aquelas que a lexislación do Estado ou das Comunidades Autónomas asignen ós Consorcios, e non atribúan a outros órganos do mesmo.
p) A organización e o control dos servicios administrativos e técnicos do Consorcio, así como dirixir, impulsar e inspeccionar tódalas obras, servicios e actividades do mesmo.
q) Presentar ó Pleno os estudios, proxectos e iniciativas de interese para o Consorcio, o Plano de xestión dos servicios e actividades, así como o estudio, preparación e dictame dos asuntos que por razón da materia incumba a súa resolución ó Pleno.
r) O desempeño das tarefas ordinarias do Consorcio, así como a aprobación dos actos necesarios para o seu funcionamento.
s) Coordina-las tarefas do Consorcio cos servicios municipais directa ou indirectamente relacionados coa competencia consorcial.
t) As funcións que para o desenvolvemento dos servicios lle delegue o Pleno.
u) Calquera outra función non atribuída ós demais órganos de goberno e administración do Consorcio.
2.- En caso de ausencia, enfermidade, incapacidade ou vacante do Presidente serán exercidas as súas funcións polo Vicepresidente.
3.- O Presidente pode delegar no Vicepresidente ou no Pleno o exercicio das súas atribucións, agás as de convocar e presidi-las sesións do Pleno, decidi-los empates co voto de calidade, a concertación das operacións de creto, a xefatura superior de todo o persoal, a separación do servicio do mesmo e o despedimento do persoal laboral, e as enunciadas nos apartados a), e), i), j), k) e t) do número 1 deste artigo.
4.- 0 Presidente poderá, así mesmo, conferi-las delegacións especiais para encargos específicos, a favor de calquera membro do Consorcio. O acordo de delegación determinará os asuntos que esta comprenda, as potestades que se delegan, e as condicións concretas do seu exercicio.

Artigo 13. Competencias do Pleno.
Corresponderán ó Pleno, para o desenvolvemento e xestión das actividades e servicios determinados polo obxecto e fins do Consorcio, as seguintes atribucións:
a) O control e a fiscalización dos demais órganos de goberno.
b) Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do domicilio, dos seus servicios xerais e os especializados; así como cambio da súa denominación.
c) A aprobación do Regulamento orgánico e das Ordenanzas ou Regulamentos ou, no seu caso, a proposta das mesmas ás Entidades consorciadas, así como a creación e regulación de órganos complementarios.
d) A determinación dos recursos propios de carácter tributario; a aprobación e modificación dos Orzamentos; a disposición de gastos en materia da súa competencia e a aprobación das contas; todo elo de acordo co disposto na Lei de Facendas Locais.
e) A aprobación dos Planos, Programas e Proxectos, así como a forma de xestión dos servicios e actividades.
f) A aceptación da delegación de competencias feita por outras Administracións públicas.
g) A presentación de conflictos de competencias a outras Entidades locais e demais Administracións públicas.
h) A aprobación do cadro de persoal e da relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións do persoal, e o número, características e retribucións do persoal eventual.
i) O exercicio de accións xudiciais e administrativas do Consorcio en materias de competencia do Pleno ou Consello de Dirección.
j) Coñecer e resolve-las reclamacións que formulen as Entidades consorciadas, así como a declaración de lesividade dos actos do Consorcio.
k) A alteración da calificación xurídica dos bens de dominio público.
l) A concertación das operacións de crédito a contía acumulada das cales, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento —agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por 100 dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior- todo elo de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais.
ll) As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento e, en calquera caso, os 1.000.000.000 de pesetas, así como os contratos e concesións plurianuais cando a súa duración sexa superior a catro anos e os plurianuais de menor duración cando o importe acumulado de tódalas súas anualidades supere a porcentaxe indicado, referido ós recursos ordinarios do Orzamento do primeiro exercicio e, en todo caso, cando sexa superior á contía sinalada nesta letra.
m) A aprobación dos proxectos de obras e servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos Orzamentos.
n) A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento e, en todo caso, cando sexa superior a 500.000.000 de pesetas, así como os alleamentos patrimoniais e gravame de bens e dereitos dos que o Consorcio sexa titular.
ñ) A aprobación das directrices e normas de réxime interno, dos planos e programas anuais de goberno, administración e dirección do Consorcio.
o) A elección de entre os seus membros, de Presidente e Vicepresidente do Consorcio, e o seu cesamento, así como a determinación dos representantes das Entidades consorciadas que, no seu caso, desenvolvan as súas responsabilidades en réxime de dedicación exclusiva ou parcial.
p) A aprobación da modificación dos Estatutos, e a proposta de modificación dos mesmos ás entidades consorciadas.
q) A aprobación do Regulamento dos Servicios que preste o Consorcio, será remitido ós entes consorciados para o seu coñecemento, así como a adopción da forma concreta de xestión dos servicios da súa competencia.
r) A proposición ás Entidades consorciadas das Ordenanzas Fiscais, elementos tributarios, taxas, prezos públicos e tarifas que fosen procedentes en relación coas finalidades do Consorcio.
s) Aproba-lo inventario de bens e dereitos e a Memoria anual, dando conta de elo ás Entidades consorciadas.
t) A fixación das aportacións, sexan ordinarias ou extraordinarias, que obrigatoriamente teñan que efectua-las Entidades consorciadas para o sostemento do Consorcio.
u) Propoñer e aproba-la adhesión ou incorporación ó Consorcio de novas Entidades Locais, de outras Administracións Públicas ou de Entidades privadas sen ánimo de lucro, así como a separación dos que o integran.
y) A proposta de disolución do Consorcio.
x) Determina-lo número de votos que correspondan a cada representante dos entes consorciados de conformidade co disposto no art. 9.
y) Aquelas outras que deban corresponder ó Pleno ou Consello de Dirección por esixi-la súa aprobación unha maioría especial.
z) Calquera outras que se sometan á súa consideración por entender que afectan de modo relevante ós intereses comúns, e as demais que expresamente lle confiran as Leis.

CAPITULO II. - Do Persoal.
Artigo 14. Persoal ó servicio do Consorcio.
O persoal será propio ou adscrito, e estará constituído:
a) SECRETARIO, INTERVENTOR E TESOUREIRO, nomeados conforme ó disposto no artigo seguinte.
b) Xerente.
c) Persoal laboral.
d) No seu caso, persoal eventual.

Artigo 15. Secretario, Interventor e Tesoureiro.
1. As funcións de Secretario, Interventor, e Tesoureiro do Consorcio serán exercidas polos que respectivamente o sexan das Entidades Locais que ostenten en cada momento a presidencia do Consorcio.
2. No seu defecto, as funcións de Secretario, Interventor, e Tesoureiro do Consorcio serán exercidas polos titulares designados polo Pleno de entre quen exerzan tales funcións nalgunha das Entidades consorciadas.
3. Ditos cargos pódense crear e clasificar como propios e independentes, de conformidade co establecido pola normativa específica de Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional.

Artigo 16. O Xerente.
1. A proposta da Presidencia, o Pleno nomeará un Xerente. Dito posto de traballo, sometido á lexislación laboral, terá que ser desempeñado por persoa con formación e titulación axeitada que a capacite para realiza-las funcións propias do posto.
2. SON FUNCIÓNS DO XERENTE:
a) Velar e facer cumpri-los acordos e resolucións dos órganos de goberno do Consorcio.
b) Dirixir e coordena-Ia actuación do Consorcio, de conformidade cos Regulamentos aprobados e as directrices dos órganos de goberno.
e) Vixiar, fiscalizar, supervisar, impulsar, e inspecciona-las obras, o funcionamento dos servicios, actividades, dependencias e persoal ó seu cargo.
d) Asistir con voz e sen voto, cando sexa requirido para elo, ás sesións do Pleno e demais órganos de goberno.
e) Elaborar e propoñer Proxectos, Planos de actuación de xestión dos servicios e actividades e Programas de necesidades do Consorcio.
f) Asistencia técnica ó Presidente e órganos de goberno.
g) Informa-los asuntos que deban tratarse nas sesións dos órganos de goberno, sen prexuízo das funcións asesoras que correspondan á Secretaría e Intervención do Consorcio.
h) Elabora-lo anteproxecto do Orzamento, e a programación plurianual, así como a Memoria anual de rendición de contas.
i) Supervisa-la xestión económica e administrativa do Consorcio, axustándose ás normas que esixe a súa natureza pública.
j) Promove-los expedientes de contratación de toda clase, de obras, servicios, e subministros.
k) Formula-las propostas de gastos correntes, así como de aportacións económicas das Entidades consorciadas.
1) Elevar anualmente ó Pleno unha Memoria das actividades do Consorcio.
ll) Propoñe-las medidas e reformas que estimase convenientes para o mellor cumprimento do obxecto e fins do Consorcio.
m) Manter un contacto permanente cos responsables executivos e técnicos das institucións e entidades integrantes do Consorcio, a fin de garantir a máxima coordinación funcional.
n) As demais que lle sexan encomendadas polos órganos de goberno.

Artigo 17. Persoal laboral e eventual
1. O resto do persoal que precise o Consorcio estará sometido ó réxime de Dereito Laboral. O número de postos de traballo e as funcións atribuídas a cada un deles serán as que se determinen no cadro de persoal e relación de postos de traballo, axustándose a súa selección ó disposto para as Corporacións Locais.
2. Poderase nomear persoal eventual, na forma establecida polos artigos 104 da L. 7/85, do 2/4, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 250 da L. 5/97, de 22/7, de Administración Local de Galicia.

Artigo 18. Persoal adscrito.
Integran o persoal adscrito os funcionarios e persoal laboral das Entidades consorciadas que presten os seus servicios no Consorcio

TITULO II - RÉXIME FUNCIONAL.
Artigo 19. Réxime de funcionamento.
1. O réxime de sesións e acordos do Consorcio e, en xeral, o seu funcionamento acomodarase ó disposto na lexislación de Réxime Local, en canto Ile sexa aplicable, para os plenos municipais, sen prexuízo das particularidades derivadas da organización propia do Consorcio.
2. Subsidiariamente aplicaranse as disposicións da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Artigo 20. Sesións do Pleno ou Consello de Dirección.
1. Pleno celebrará reunión ordinaria, como mínimo, unha vez cada dous meses, e extraordinaria cando así o decida o Presidente ou o solicite, cando menos, a cuarta parte dos seus membros que representen cando menos a cuarta parte dos votos; neste caso o Presidente deberá convoca-la reunión solicitada dentro dos 4 días seguintes ó da presentación da solicitude, e a súa celebración non poderá demorarse por máis de 15 días desde que tivese sido solicitada.
2. O Presidente poderá dispoñer que asistan ás sesións os técnicos ou persoal especializado que conveña oír nalgún asunto determinado.
3. O quórum para a válida celebración das sesións en primeira convocatoria será a maioría absoluta do número legal de membros e de votos das entidades que integran o Consorcio.
4. As sesións celebraranse en segunda convocatoria media hora despois da de terminada para a primeira, sempre que se encontren presentes cando menos un tercio do número legal de membros e dispoñan dun tercio do número de votos.

Artigo 21. Réxime de acordos.
1. Os acordos do Pleno ou Consello de Dirección adoptaranse por maioría simple dos votos dos membros presentes- En casos de empate, procederase segundo o disposto por normativa aplicable de réxime local.
2. Será preciso quórum especial de maioría absoluta do número legal de votos asignados ós membros do Pleno ou Consello de Dirección e do número de representantes das Entidades consorciadas, para a validez dos acordos do Pleno ou Consello de Dirección, que se adopten nas materias seguintes:
a) Aprobación e modificación do Regulamento orgánico propio do Consorcio.
b) Liquidación ou disolución do Consorcio.
c) Separación de Entidades consorciadas.
d) Adhesión de novos membros.
e) Modificación dos Estatutos.
f) Aceptación das delegacións ou encomendas de xestión realizadas por outras Administracións.
g) A aprobación do Regulamento dos Servicios que preste o Consorcio.
h) Concesión de bens e servicios por máis de cinco anos, sempre que a súa contía exceda do 20 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento.
i) A actualización dos votos que corresponden a cada un dos membros do Consorcio, conforme 6 prevido no art. 9.
j) Aprobación da forma concreta de xestión do servicio correspondente.
k) Aprobacións de operacións financeiras ou de crédito e concesións de quitas ou esperas, cando o seu importe supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do seu Orzamento, así como as operacións de crédito previstas no artigo 158.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.
l) Imposición e ordenación dos recursos propios de carácter tributario.
m) Alleamento de bens, cando a súa contía exceda do 20 por 100 dos recursos ordinarios do seu Orzamento.
n) Alteración da calificación xurídica dos bens demaniais.
o) Cesión gratuíta de bens a outras Administracións ou institucións públicas.
p) As restantes determinadas pola lei.
3. 0 anterior enténdese sen prexuízo de que se requira outro quórum específico ou calificado para a adopción de acordos conforme á lexislación xeral de Réxime Local.

Artigo 22. Obrigatoriedade.
As decisións e acordos do Consorcio obrigarán por igual a tódalas Entidades consorciadas.

TITULO III - RÉXIME ECONÓMICO, FINANCEIRO E CONTABLE
Artigo 23. Recursos do Consorcio.
1. A Facenda do Consorcio estará constituída polos seguintes recursos:
a) Ingresos procedentes do seu patrimonio e demais de Dereito privado.
b) Subvencións e outros ingresos de Dereito Público.
c) As subvencións, aportacións, e transferencias de calquera entidade pública ou privada, incluíndo os fondos estructurais, de cohesión, ou calquera outros, procedentes da Unión Europea, tales como FEDER, FEOGA, FSE, que coadxuven ó obxecto e fins relacionados no art. 5.
d) Subvencións a fondo perdido, que poden ser outorgadas pola Xunta de Galicia, nos termos establecidos polo 5/97, de 22/7, de Administación Local de Galicia.
e) As aportacións económicas ordinarias ó Orzamento por parte das Entidades consorciadas.
f) As taxas, e prezos públicos que se establezan para a prestación de servicios ou realización de actividades da súa competencia.
g) Contribucións especiais pola execución establecemento, ampliación ou mellora competencia das Entidades consorciadas. de obras ou polo de servicios da competencia das entidades consorciadas.
h) O producto das operacións de crédito.
i) O producto de multas e sancións no ámbito das súas competencias.
j) Outros recursos que a lexislación de facendas locais recoñece a favor das Entidades Locais.
k) As demais prestacións de Dereito Público.
2. Tamén constituirán recursos do Consorcio as aportacións económicas extraordinarias das Entidades consorciadas.
3. Son aplicables ós recursos do Consorcio o disposto na Lei de Facendas Locais, respecto ós recursos dos Concellos, coas particularidades propias do seu obxecto e fins.
4. O réxime financeiro do Consorcio non alterará o propio dos Concellos que o integran.

Artigo 24. Xestións, liquidación, inspección e recadacíón de tributos.
A xestión, liquidación, inspección e recadación dos tributos que estableza o Consorcio realizaranse de acordo co previsto na Lei Xeral tributaria e nas demaís leis do Estado reguladoras da materia, así como dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 25. infraccións, sancións e recargos.
Será aplicable ós tributos que estableza o Consorcio o réxime de infraccións, sancións e recargos regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 26. Aportacións económicas ordinarias.
1. As aportacións económicas ordinarias anuais calcularanse en función da poboación de cada Padrón aprobado a 31 de decembro, segundo polo Instituto Nacional de Estatística, de cada entidade consorciada concello resultante do último datos oficiais proporcionados.
2. Para o ano 2000 as porcentaxes provisionais de apartación, correspondentes cos datos aportados polo INE, referidos á poboación de cada un dos concellos a 31/12/97

Concello
Habitantes
Porcentaxe
Abegondo
Arteixo
Bergondo
Betanzos
Cambre
Carral
Culleredo
Oleiros
Sada

5.451
21.290
5.817
12.296
16.401
5.212

18.743
24.102
10.296

4,5573
17,7998
4,8633
10,2802
13,7122
4,3575
15,6703
20,1508
8,6081
Total
119.608
100,0000

3. Para a determinación das porcentaxes e aportacións do ano 2.000, e dos sucesivos, procederase ó seu cálculo en función da poboación de cada concello, na forma prevista nos apartados anteriores, o que será aprobado polo Pleno.

Artigo 27. Financiamento servicios e actividades.
Para a execución das obras e a prestación de servicios e actividades redactarase o correspondente proxecto, memoria valorada e informe técnico, determinándose o sistema de financiamento que proceda, en consonancia cos recursos sinalados nos presentes Estatutos.

Artigo 28. Aprobación Orzamento.
1. 0 Consorcio aprobará anualmente un Orzamento único, comprensivo das obrigacións que, como máximo, poderá recoñecer durante o correspondente exercicio económico, e dos dereitos que se prevean liquidar no mesmo período.
2. Dito Orzamento axustarase no seu contido, estructura, tramitación e aprobación ó establecido pola Lei de Facendas Locais e disposicións que a desenvolvan.

Artigo 29. Previsión gastos e ingresos.
1. Tódalas aportacións económicas ordinarias, referidas no punto 1 do artigo anterior, efectuaranse palas Entidades consorciadas mediante entregas periódicas, que se ingresarán con anterioridade ó último día de cada trimestre natural, á Tesourería do Consorcio, ou en calquera outro prazo fixado por acordo do Pleno.
2. En caso de que as entregas referidas no apartado anterior non se efectúen nos prazos previstos, co obxecto de regulariza-los ingresos das aportacións das Entidades consorciadas, estas:
a) Facultan ó Presídente do Consorcio para que transcorrido o prazo para o ingreso das aportacións das Entidades consorciadas, e acreditada a débeda polo Secretario do mesmo, previo informe da Tesourería e da Intervención, poida dirixirse á Administración Central ou á Comunidade Autónoma para a retención dos fondos ou cotas pendentes con cargo ás cantidades que por calquera concepto fosen liquidadas a favor da Entidade consorciada debedora, por igual importe ó das aportacións non satisfeitas trimestralmente, para o seu ingreso na Facenda do Consorcio.
b) Recoñecen, á Excma. Deputación Provincial da Coruña, a facultade de rete-lo importe das cantidades debidas con calquera creto que a favor da Entidade consorciada se dispoña na Corporación Provincial, transferindo ditas cantidades ó Consorcio. Esta retención solicitarase polo Presidente do Consorcio, sinalando o importe da débeda e data de vencemento, que deberán acreditarse mediante certificación da Secretaría, previos informes do Tesoureiro e Interventor, sobre o importe pendente de ingresar.
3. Nos casos previstos no número anterior, do presente artigo, con carácter previo, darase audiencia á Entidade afectada, requiríndolle de pago por prazo de dez días.
4. No suposto de que algunha Entidade consorciada adebedase ó Consorcio dous trimestres da súa aportación, procederase pola Presidencia a dictar resolución, previa audiencia ó afectado, pola que se acorde deixar de presta-los servicios e actividades.
5. O mesmo réxime dos puntos anteriores aplicarase ás aportacións económicas extraordinarias, que se terán que ingresar na Tesourería do Consorcio no prazo máximo dun mes desde a notificación do pertinente acordo do Pleno.
6. As aportacións das entidades consorciadas se considerarán ingresos de carácter público do Consorcio a tódolos efectos legais.

Artigo 30. Demora do ingreso de contribucións.
As cantidades que non fosen ingresadas na tesourería do consorcio na data de vencemento fixada no artigo anterior, incrementaranse en proporción ó tempo transcorrido ata o seu pagamento efectivo coa cantidade que resulte de aplica-lo xuro de demora fixado pola Lei de orzamentos xerais do Estado para o exercicio correspondente.

Artigo 31. Demora ingreso aportacións.
As cantidades que non teñan sido ingresadas na Tesourería do Consorcio na data de vencemento fixada no artigo anterior, incrementaranse en proporción ó tempo transcorrido ata o seu pagamento efectivo coa cantidade que resulte de aplica-lo interese de demora fixado pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o exercicio correspondente.

Artigo 32. Tesourería do Consorcio.
A Tesourería do Consorcio rexerase polo disposto da Lei de Facendas Locais e, en canto lle sexa de aplicación, polas normas do Título V da Lei Xeral Orzamentaria.

Artigo 33. Contabilidade.
O Consorcio levará a súa contabilidade de conformidade coa Instrucción de Contabilidade para a Administración Local ordinaria.

Artigo 34. Rendición de contas.
O Consorcio, coas peculiaridades derivadas da súa finalidade e estructura orgánica, elaborará e renderá as contas anuais nos termos sinalados polos artigos 189 a 193 da Lei de Facendas Locais.

Artigo 35. Fiscalización.
A xestión económica do Consorcio será obxecto das fiscalizacións interna e externa reguladas pola Lei de Facendas Locais.

Artigo 36. Dos bens.
1. Os bens do Estado, Comunidade Autónoma, Deputación Provincial, Mancomunidades, Entidades consorciadas, ou calquera outras públicas ou privadas, adscritos ou que poidan adscribirse ó Consorcio para o cumprimento dos seus fins, conservarán a súa calificación xurídica orixinaria, correspondendo tan só ó Consorcio a súa utilización, administración, explotación e conservación, de conformidade coas disposicións legais vixentes na materia. As facultades de disposición limitadas que poidan recoñecer ó Consorcio sobre os bens mencionados serán as que consten nos acordos de cesión correspondentes e se limitarán sempre ás finalidades estatutarias.
2. De tales bens farase un inventario detallado.
3. Os bens adquiridos polo Consorcio integraranse no seu patrimonio, ó que lle serán de aplicación as normas reguladoras do patrimonio das Entidades Locais e da calificación xurídica dos seus bens.

TITULO IV - MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN
Artigo 37. Modificación Estatutos e disolución do Consorcio.
Para a modificación dos Estatutos, así como para a disolución do Consorcio, seguiranse as mesmas regras e os mesmos procedementos que o establecido na lexislación estatal básica e polos arts. 143 e 144 da L. 5/97, do 22/7, de Administración Local de Galicia.

Artigo 38. Adhesión de novos membros.
1. A adhesión ó Consorcio de novos membros deberá facerse mediante solicitude que terá que ser aprobada por todas e cada unha das Entidades consorciadas, coa conseguinte modificación dos Estatutos, as disposicións dos cales serán de obrigatorio cumprimento para os membros incorporados.
2. Só se poderán adherir ó Consorcio outras Administracións Públicas e Entidades privadas sen ánimo de lucro que teñan finalidades de interese público concorrentes co obxecto e fins do Consorcio.
3. Calquera que sexa o momento no que se adopte o acordo de adhesión ó Consorcio dunha nova entidade, a mesma non producirá efectos ata a entrada en vigor do Orzamento do seguinte exercicio económico, agás que se dispoña outra cousa polo Pleno.

Artigo 39. Separación de membros do Consorcio.
1. A separación voluntaria dunha Entidade do Consorcio precisará os seguintes requisitos:
a) Preaviso dun ano dirixido ó Presidente.
b) Estar ó corrente no cumprimento das obrigacións e compromisos anteriores respecto do Consorcio e garanti-lo cumprimento e liquidación de aquelas e estes.
2. A separación, producirá efectos ó finaliza-lo exercicio económico no que se tivese adoptado o correspondente acordo.
3. A separación non poderá comportar perturbación, prexuízo ou risco evidente para a realización de calquera dos servicios ou actividades do consorcio, nin prexuízo para os intereses públicos ó mesmo encomendados.
4. O Pleno, co quórum especial do art. 7, no suposto de incumprimento de obrigacións ou compromisos por algunha das Entidades consorciadas, con forma motivada, poderá acorda-la súa separación.
5. A separación levará consigo necesariamente a modificación dos Estatutos.

Artigo 40. Disolución do Consorcio.
1. Consorcio poderá disolverse por algunha das causas seguintes:
a) Por transformación do Consorcio noutra Entidade, mediante acordo do Pleno, co quórum establecido no artigo 7 ratificado pola totalidade das Entidades Locais consorciadas.
b) Polo cumprimento da súa finalidade.
c) Por incumprimento do seu obxecto.
d) Por imposibilidade de continua-lo seu funcionamento.
e) Por separación de algún dos seus membros se con elo devén inoperante.
f) Por mutuo acordo das Entidades consorciadas.
2. No caso de disolución, manterá a súa personalidade xurídica, en tanto non sexa adoptado polo Pleno o acordo de liquidación e distribución do seu patrimonio, que será publicado no Boletín Oficial da Provincia, e no Diario Oficial de Galicia. Tal acordo determinará a forma pola que se procederá á liquidación dos bens do consorcio e a reversión ás Entidades consorciadas das obras, instalacións, e, en xeral, dos bens propios e dos que o consorcio administrase en réxime de cesión de uso, a titularidade dos cales correspondese a outras Entidades ou Administracións Públicas.
2. O coeficiente de participación recollido no artigo 26, no suposto de disolucións, servirá para a distribución do patrimonio neto.

TÍTULO V - RESPONSABILIDADE
Artigo 41. Responsabilidade.
As Entidades consorciadas responderán subsidiariamente dos actos e acordos do Consorcio nas proporcións indicadas no art. 26 dos Estatutos.

DISPOSICIÓN ADICIONAL.
1. O Consorcio, no ámbito determinado para o seu obxecto e finalidades, ten as potestades e prerrogativas que lle corresponden ós Entes Locais non territoriais.
2. O custo do persoal adscrito polas Entidades consorciadas, poderá ser deducido das aportacións económicas ordinarias que corresponda aboar á entidade de orixe, na forma que se determine no acordo de adscrición.
3. Para o cumprimento dos seus fins, o Consorcio poderá valerse dos servicios administrativos e técnicos de calquera das Entidades Locais consorciadas.

DISPOSICIÓN FINAL.
1. A entrada en vigor destes Estatutos se producirá, unha vez aprobados definitivamente polas Entidades consorciadas, ó día seguinte da publicación do seu texto íntegro no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da que se realice no Boletín Oficial da Provincia.
2. Se comunicará á Administración Central do Estado e á Xunta de Galicia, a constitución do Consorcio, ós efectos da súa inscrición nos correspondentes Rexistros.
O que se fai público para xeral coñecemento.

En, Culleredo a 18 de Xullo do 2000